domingo, 7 de abril de 2013

Importante

Hemos obtido a información deste blog de: revistas, periodicos, otros blogs e paxinas web, como tamen de persoas naturales da propia vila .

Visita nun dia O Barco

Por un dia hai que facer un esforzo, a si que, enpecemos no momento que sale o sol. Tamen pongamos que estamos na mellor epoca  para visitalo, que é o verano ou a primaveira. Xa que os dias son mais longos e as flores estan abertas e podese disfrutar do vila en todo o seu explendor

_ Nos levantamos as 7:30 cando o sol esta saindo o cor do dia é amarelento. Se estas nun hotel o pension que tenga xardin aprobeita para estar nel e disfrutar da herba mollada polo rocio e do ambiente de relaxacion, pero se non tes ese placer, anda polas ruas da vila ata chegar o Malecón onde podes disfrutar do rio Sil tranquilo e sen prisa, pereo tamen en toda a sua brabura.

_ Despois de desallunar, podes seguir polo paseo fluvial do Malecon ata chegar a unha pasarela verde de metal, cruzaa e veras un paisaxe de ensueño a esquerda e a dereita. Vai polo camiño da esquerda e chegarás a Viloria, a la cual entrarás pola : Casa grande de Viloria. Ali poderás provar un dos mellores polvos da provincia de Ourense.

_Unha vez terminado o aperitivo, volve pola pasarela, que sustitulle ao hermoso e antiguo Ponte de San Fernando, pola cual chegaras a : A calle Oscura ( nome popular), que durante as festas de O Barco, pasan as procesions.
_ Se subes a rúa, dita antes, chegarás a praza onde se encuentra a Igrexa de San Mauro ( ali esta a imaxe do Nazareno, que he moi venerada na vila) e nesa praza ti podrás ir ao restaurante chamado: " el buen vivir", donde podrás tomar algunhas das suas delicatesens do seu menu para almorzar.

_ Xa pola tarde, despois de dormir a siesta nunha galeria o nunha bodega ( se o lugar onde estas o ten ), é moi recomendable que subas ao Pazo, onde se te brinda a oportunidade de pasar toda a tarde tomando algo e de disfrutar da paixase da vila ata a noite , ali mismo poderás cenar mo seu comedor e sobre salvamanteles de pizarra.





jueves, 4 de abril de 2013

O Incendio do Barco

A falta de prevención por parte da Xunta como causa fundamental de que o lume declarado en O Barco se convertise nun gran incendio forestal que quemou 1.600 hectáreas.
Algunha xente do Barco ao ver as súas colinas arder con tanta rapidez sentían unha desazón no corpo e tristura, por ver que o paisaxe do Barco quedaba destruído.
O incendio saltou dunha ribeira á outra do Sil sumindo ao Barco, durante ese tempo, nun intenso fume.
Comezou o venres e avanzou descontrolado ata Rubiá.
A intensidade do vento e os distintos cambios de dirección impiden aos equipos de extinción que detenga o avance do lume.

Fotos de monumentos do Barco de Valdeorras

AS CASAS COLGANTES DO SIL
A IGREXA DE SAN MAURO
"A CALLE ESCURA"


O CONCELLO








AS VIAS DO TREN


lunes, 7 de enero de 2013

Entrevista a un barquense

Primeira Pregunta: ¿Qué é o que máis lle gusta do Barco?

R.- Todo, os seus habitantes, en xeral todo o pobo.

P.- Cando eras cativo ¿Cómo pasabas as horas?

R.- Pois coma todos: unhas veces xogando na rúa, outras na escola "academa de Quit" e xogando coma todolos nenos da época.

P.- E cando xa fuches maior?
R.- Comencei a traballar moi cedo, moi novo. Con 18 anos traballei nunha presa en Carrucedo e dende entón xa estiven traballando sempre.

P.- ¿Como se vivíu na sua casa a caída da Ponte San Fernando?

R.- Lémbrome que saía do cine, que botaban "A gata quente sobre o tellado de zinc" e que ao sair a xente avisounos que caera a ponte. Estiven moi preocupado por si alguén morrera e soamente dixéronme que morrera unha persoa, un tal "monfortino" que non lle deu tempo de escapar.

P.- ¿Vota de menos o antigo "casino"?

R.- Sí, bastante. Pasei moi bos ratos alí durante a miña infancia.

P.- O seu parecer, ¿Cambiou moito o Barco dende que foi neno ata agora?

R.- Totalmente. Hai certas zonas do Barco que actualmente nin coñezo. Pero, totalmente cambiado. A peor, penso.

P.- ¿Cal das festas do Barco lle desperta máis sentimento?

R.- As do Cristo, naturalmente.Son festas patronais. Ainda que o patrón é San Mauro, que celébrase agora en Xaneiro, pero as festas de mais sona son as Do Cristo.

P.- Cónteme algo sobre vostede e dentro disto, ¿fixo algunha trasnada?

R.- Fixen bastantes, como todolos nenos, pero de neno. Entre esa idade comprendida entre os 8 e os 16 anos. Moitas, moitísimas: romper bombillas, chimpar cristales das casas do outro lado do río, pois coma esas, moitísimas máis. Era un virtuoso co tirachinas.

P.- ¿Como se sinte ao ver a toda a súa familia reunida durante as festas?

R.- Síntome ledo. Son unhas festas entrañabels, que no meu caso representa moito porque sempre fumos unha familia moi unida e xa dende neno xuntábamos moitos á mesa, na casa da miña avoa.

P.- ¿Hai algo que o haxa marcado duramente dentro do entorno do Barco?

R.- No. Sempre tes a morte dos amigos, a xente que se vai, os meus pais, pero especialmente, non..

P.- ¿Por qué hai tanta rivalidade entre o Barco e A Rúa?

R.- Dende hai, non sei, moitos anos...eran duas vilas que como sempre entre pobos cercanos había rivalidade, o por bailar mellor, o porque tiñan máis coches, o mais negocios, como por exemplo, o Barco tiña tres cines e a Rúa, soamente un, enton ese pique vaise arrastrando dende hai moitos anos.

P.- ¿Notouse algo ou bastante a ditadura franquista no Barco?

R.- Home, eu non a vivín, eu nací no 44 e viví a posguerra e claro que se notou. Soamente había dous formas de vivir ben. Polo serán xogabas ao pin-pon cos falanxistas e contaban historias franquistas, da conquista, do Imperio. Ou tamén, eras relixioso e rezabas o rosario, polo que eu era poco de ambas cousas.

P.- O parecer un familiar seu é un dos mellores empresarios hosteleiros da Villa, ¿Tenlle algunha envidia?

R.- No, como lle ia ter envexa dun curmán. Dexesolle que lle vaia o mellor posibel. É un curmán moi entrañable e querémoslle moito, ademáis así disfrutamos das súas instalacións.

P.- ¿Séntese orgulloso do seu pobo?

R.- Totalmente orgulloso de ser do Barco. Iso sempre. De feito, o salvapantallas do mobil é unha foto do Barco.

P.- Polo que se ve, vostede vive en Ourense, que está a hora e media do Barco. ¿Sinte morriña da súa terra ainda que estea cerca?

R.- Home, hai días que sí. Pero un cos anos xa está afeito. Pero unhos días sí, depende do tempo, da época. Hai momentos en que lémbraste do teu pobo.

P.- Polas fotos que me amosou antes, ¿É a súa casa unha das poucas céntricas con xardín?.

R.- Quedan unhas poucas. Algunhas estannas a reformar, pero outras están moi vellas. A miña casa ten duas plantas e dous xardíns, un por diante, e outro por detrás.

P.- Cónteme cousas curiosas da túa casa.

R.- Curiosa non ten ningunha, pero a bote pronto, o meu pai tiña unha fábrica de lexívia, fai moitísimos anos que se celebraban banquetes opíparos allí polo San Fernando, polo Pilar (a miña irmá), pero curiosidades así, sí. Por exemplo: foi unha das primeiras casas que tivo aparato de radio. Os veciños ían escoitar a radio a miña casa. E tamén Auga corrente.

P.- ¿Foi vostede alumno dunha das academias máis importantes do Barco?

R.- Había escolas públicas e unha academia privada chamada Dequit, a que asistín e fixen o bacharelato.

P.- ¿Cre que a xente é mais devota do Nazareno ou da Santa Rita?

R.- Home, dos dous porque o barrio de Santa Rita medrou bastante (dende a carretera xeral ata Cedíe) e o Nazareno é o centro histórico do pobo. Penso que segue sendo o Nazareno máis.

domingo, 6 de enero de 2013

Requiem por unha ponte


Nun momento do funesto maleficio caiches,
derrubada pola furia da tormenta.
Os irados remuiños,
cargados de enguria e de ventos,
crebaron os teus ollos,
crebaron o teu tempo para sempre.
Eras de pedra lucida,
douradas polos raios dos albores
e ollabas orgullosa o ceibo rio
nos teus pes atoutiñando.
Eras de dura pedra,
de sacro nome,
de fermosa figura
e corazon mollado e sobranceiro,
seguranza de incontables camiñantes,
pasmo de Valdeorras.
Fuches vitima do fado que truncou a tua vida.
Agora destronada,
xa non ollas as forestas de Viloira,
nin xogas cos tombos de escuma branca que o rio argallaba.
Xa non oes a sua brava voz
nos coios dos pedregais,
onde dormen as lembranzas da tua gloria.
Xa a sombra dos teus piares
non espalla negros mantos nas limpas augas 
polas tardiñas serenas.
Un dia,
o rio cargado de fereza,
subindose en ondas turbulentas rachou a tua imaxe luminosa.
Foi a morte vestida de mouras guedellas no rio alporizado.
E ti pasaches a eternidade.
Ninguen escoitou o alarido de terror das tuas pedras.
Ninguen chorou nesa noite a tua beira.
So a rocha de negra lousa que te viu aqi naver
verteu unha bagoa de dor nos raios da alborada.
Requiem por ti, bela ponte,
de SAN FERNANDO noutrora,
nas sombras de memoria esquecida.
Din que os teus ollos
ala embaixo
no fondo da auga
espreitan a nova ponte que hoxe sobre o rio soña.

Xose Rodriguez Ferrer

sábado, 5 de enero de 2013

Valdeorras e o Apostol Santiago

A orden de Santiago, fundada no 1170 no reinado de Fernando II de Leon, casi desde o seus inicios tivo propiedades en Valdeorras. Por un documento de 1181 o citado rei concede e confirma a `` Pedro Fernandez, Venerable Maestre da Milicia de Santiago San Salvador de Arcos que esta en Valdeorras e que os di en recompensa do cabalo co que combati durante a guerra de Portugal co rei Sancho, e que foy apreciado en 500 morabetinos´´
Fernando II estivo varias veces en Valdeorras en 1165
A maior parte dos personajes das familias importantes de Valdeorras, que forn Cabaleiros dalgunha orde, o foron da de Santiago, con algunhas excepcions, dos que citaremos algunhos; Mauro Losada e Enriquez, que foi da Orde de Montesa e Andres de Losada e Prada, sobrino de Andres de Prada, que o foi da Orde de San Xoan.
O primeiro e o mais importante foi Andres de Prada e Gomez de Santalla, nado en Outarelo a mediados do seculo XVI. O se expediente iniciase en O Castro o 18 de Agosto de 1600, cunha frase en castelan antiguo que di: `` Manda su magd que con mucho silencio hagan una cedula de un avito para Andres de Prada´´ San Lorenzo 31 maio de 1600...´´
O Barco lle ten unha praza e proximamente colocarase unha placa cunha frase dunha carta que D. Diego Sarniento de Acuña, conde de gondomar, famoso embaixador de Felipe III na corte inglesa, escribiu a D. Andres de Losada e Prada, sobrino de Andres de Prada `` o vello´´ , fillo da sua irma Francisca, desde Londres.
Outros Cabaleiros da orde son:
_ Diego de Prada e Gonzales
_Antonio de Losada e Prada Melendez
_Andres de Prada e Losada
_Antonio de Losada e Lopez de Somoza
_Juan Antonio de Losada e Quiroga
_Pedro de Losada e Quiroga
_Jose de Prada e Prada 
_Diego de Quiroga e Valcarce